Para chegar a bo porto siga o noso ronsel
Actualmente Remolcanosa presta servizos de tráfico interior nos portos de: Alcudia, Eivissa, Mahón, Melilla, Motril, Palma de Mallorca, Vigo, Vilagarcía, Ribeira e Pobra.
Ademáis dos servizos portuarios, a capacidade de Remolcanosa permítelle realizar todo tipo de remolques de litoral e de altura, cos cales deuse a coñecer brillantemente en toda Europa. Para iso dispón dunha ampla flota, onde se pode atopar o remolcador apropiado a cada necesidade, con bases nos portos de Vigo, Vilagarcía de Arousa e Palma de Mallorca.
Cada un destes remolcadores está completamente equipado con material de remolque, auxilio e contra incendios para actuar con urxencia en calquera punto e responder satisfactoriamente ante unha urxencia.