Remolcanosa, así como o resto das marcas e logotipos que aparecen nesta páxina, son propiedade exclusiva de Remolcadores Nosa Terra S.A.
Así mesmo, todos os contidos e dereitos sobre Propiedade Industrial e Intelectual deste sitio web son propiedade exclusiva de Remolcanosa, quedando prohibida a súa reprodución ou distribución por calquera medio, sen a debida, previa e expresa autorización do seu propietario. En ningún caso o acceso á páxina web Remolcanosa supón a cesión, transmisión ou renuncia calquera, sexa total ou parcial, aos dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
Este sitio web pode conter ligazóns a páxinas externas, ás que se pode acceder desde esta web mais Remolcanosa nin ningún dos seus membros ou empregados se fan responsables nin dos contidos, e non se pode garantir de ningún xeito nin o acceso nin a veracidade da información contida nas páxinas alleas a esta.
Remolcanosa non se fai responsable dos danos ou prexuízos no software ou hardware do usuario que se deriven do acceso á páxina web de Remolcanosa, nin do uso de información ou aplicacións contidas na mesma.
Este aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola Lei española, non garantindo que os contidos da súa páxina sexan adecuados ou estean dispoñibles fóra de España. No caso de que todos ou parte dos contidos da páxina sexan considerados ilegais en países distintos de España, o acceso a eles e o seu uso por parte dos usuarios está prohibido e, no caso de que se produza, será exclusivamente baixo a responsabilidade dos usuarios, estando obrigados estes a cumprir as leis de aplicación nacionais.
Remolcanosa resérvase, sen necesidade de previo aviso e en calquera momento, o dereito a suspender temporalmente o acceso ao seu sitio web e a facer as modificacións que considere oportunas á páxina, aos servizos e información ofrecidos, á prestación ou localización do sitio web e as condicións de acceso e uso da páxina web de Remolcanosa.
Privacidade dos datos. Remolcanosa garante a confidencialidade dos datos persoais dos usuarios da súa páxina web. Os datos subministrados incorporaranse a unha base de datos xestionada baixo a responsabilidade de Remolcanosa, creada para facilitar a xestión administrativa, a prestación e a mellora dos servizos ofrecidos a través da páxina web de Remolcanosa ou de terceiros cos que Remolcanosa teña asinados contratos de prestación de servizos a través da súa páxina. As posibles cesións de datos a terceiros só poderán ter como finalidade a realización de tarefas informativas, de formación e comercialización de servizos solicitados polo usuario.
O usuario poderá, en calquera momento, exercer os dereitos relacionados co acceso, a rectificación, cancelación e oposición á cesión dos seus datos dende o ficheiro de Remolcanosa, baseándose na normativa española de Protección de Datos de Carácter Persoal. Estes dereitos poden exercerse escribindo a Remolcanosa Vigo (España). No suposto de que o usuario sexa menor de idade, deberá contar coa autorización do titular da patria potestade para enviar os seus datos.